domingo, 15 de xaneiro de 2017

LOLO PENAS TRIUNFA NA CARREIRA POPULAR DE MATOGRANDE (Fonte: www.laopinion.es)

Lolo Penas está nun bo momento e o asfalto coruñés confírmao. Gañou a San Silvestre na última carreira do ano pasado e estrea o 2017 sendo o máis rápido na proba de Matogrande, a terceira do circuíto Coruña Corre.

venres, 13 de xaneiro de 2017

O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O MEDIO MARATÓN CORUÑA2, QUE SE CELEBRARÁ O PRÓXIMO 26 DE FEBREIRO (Fonte: www.coruna.es)

O Goberno local vén de abrir o prazo de inscrición para participar na novena edición de Coruña21, a proba do medio maratón promovida pola Concellería de Deporte que este ano se celebrará o domingo 26 de febreiro.

luns, 9 de xaneiro de 2017

ERO DOCE COMPLETA CON OUTRA VITORIA A SÚA XIRA DO NADAL LOCAL (Fonte: www.diariodeferrol.com)

Ero Doce foi o máis rápido dos preto de novecentos inscritos na trixésimo cuarta edición da Carreira Popular San Xiao, que se desenvolveu onte por diferentes zonas da cidade naval, con saída e meta nos arredores do pavillón de Esteiro.

luns, 9 de xaneiro de 2017

O PORTENTO DO FONDO QUE LE COMO NINGÉN AS CARREIRAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Un portento do fondo vén en camiño. Miguel González Carballada (Lugo, 1998) comezou o 2017 do mesmo xeito que acabou o ano anterior. Confirmando todo o bo que o atletismo galego espera del.

domingo, 8 de xaneiro de 2017

MARÍA CABADAS E ERO DOCE GAÑAN A CARREIRA POPULAR DE SAN XIAO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A carreira popular de San Xiao, que onte celebrou o seu trixésimo cuarta edición, reuniu a máis dun milleiro de atletas na cidade. 

xoves, 5 de xaneiro de 2017

A CARREIRA DE SAN XIAO ROMPE A SÚA MARCA DE INSCRITOS (Fonte: www.lavozdegalciia.es)

É unha das probas máis emblemáticas dentro do calendario anual en Ferrol e parece que aínda non alcanzou o seu teito de participación.

mércores, 4 de xaneiro de 2017

CAMPIONATOS DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS O DÍA 29 EN RIBADAVIA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Federación Galega de Atletismo organizará o día 29 de xaneiro en Ribadavia o 82º Campionato de Galicia Absoluto, Promesa e Júnior de campo a través individual e por equipos e o 50º campionato feminino da mesma modalidade e categorías. 

luns, 2 de xaneiro de 2017

A COSTIÑA DE CANEDO COMPLETOU UN CAMBIO DE ANO DE PURO DEPORTE POPULAR (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A que armou Saturnino González co seu costume de subir o día 1 de xaneiro á Costiña de Canedo. E xa van vinte e catro anos. O anfitrión conta agora co respaldo do seu club, o Atletas Veteranos Ourense e da propia federación galega, así como das institucións locais. 

luns, 2 de xaneiro de 2017

PAULA MAYOBRE E TOÑO TEIJO GAÑAN A SAN SILVESTRE DAS PONTES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Nunha tarde fría e asollada disputouse a sexta edición da San Silvestre pontesa. A competición contaba con máis de 600 participantes, dous terzos competían na carreira e o terzo restante na camiñada a pé.

luns, 2 de xaneiro de 2017

OURENSE DISFRUTA SU PRIMERA SAN SILVESTRE (Fonte: www.farodevigo.es)

Con afán deportivo y buen humor a raudales despidió Ourense, una de las capitales del atletismo gallego, el 2016 a la carrera. La ciudad decidió sumarse este año al espíritu de las pruebas populares del San Silvestre y el resultado no pudo ser más reconfortante para los promotores.