domingo, 18 de decembro de 2016
O coristanqués Cristian Muíño Varela, do Club Vagalum Enerxía, cumpriu os prognósticos e conquistou a IV Carreira Pedestre do Anllóns de Carballo, que promoveu o Club Os Muditos. Moito público presenciou a proba, na que tomaron parte 384 participantes.