domingo, 1 de xaneiro de 2017

ROTUNDO ÉXITO NA PRIMEIRA SAN SILVESTRE OURENSÁ (Fonte: www.laregion.es)

A primeira San Silvestre ourensá concluíu cun éxito que supera o previsto polos organizadores. Un número de inscritos que supera os mil, foron vos protagonistas da última carreira do ano. Para acompañalos, un multitudinario público que animou aos participantes durante todo o percorrido.

domingo, 1 de xaneiro de 2017

PEDRO NIMO E RAQUEL SUÁREZ REPITEN VITORIA NA SAN SILVESTRE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A San Silvestre de Santiago 2016 reuniu a case dous milleiros de deportistas na Praza do Obradoiro, punto de saída e chegada para a carreira que despide o ano e que en cada edición segue gañando capacidade de convocatoria.

venres, 30 de decembro de 2016

DOCE E MAYOBRE GAÑAN EN FENE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A atleta aresana Paula Mayobre, así como Ero Doce, foron os gañadores da cuarta edición da San Silvestre de Fene, proba disputada na tarde de onte no centro urbano da localidade, coa liña de saída e chegada nas inmediacións do Concello de Fene.

xoves, 29 de decembro de 2016

UN MILLEIRO DE ATLETAS NA SAN SILVESTRE DE OURENSE (Fonte: www.farodevigo.es)

Un milleiro de atletas confirmou a súa asistencia á primeira edición da San Silvestre de Ourense que se celebrará o día 31 de dciembre e que arrincará ás 17.00 horas e percorrerá o Parque Barbaña.

xoves, 29 de decembro de 2016

SATURNINO GONZÁLEZ SUBIRÁ A COSTIÑA DE "CANEDO" (Fonte: www.farodevigo.es)

Saturnino González é un personaxe ben coñecido no mundo do running ourensán e a súa tradición de levantarse o primeiro día do ano para subir a empinada Costiña de Canedo é cada vez máis apoiada por decenas de amantes do pedretismo.

mércores, 28 de decembro de 2016

NOTA DE PRENSA: XII CARREIRA DE FIN DE ANO 2016 ARES-MUGARDOS

Os Concello de Ares e Mugardos, a través das súas Concellarías de Deportes, informan de que a partir de mañá xoves, será posible retirar o dorsal da Carreira de Fin de Ano 2016, que terá lugar o vindeiro sábado día 31 de decembro, ás 11h con saída e chegada á pista exterior do CEIPS As Mirandas de Ares. 

mércores, 28 de decembro de 2016

OS ORGANIZADORES ESPERAN DOUS MIL ATLETAS NA SAN SILVESTRE DE SANTIAGO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A capital galega despedirá o ano deportivo coa San Silvestre do sábado, unha carreira na que os organizadores esperan superar todos os rexistros de participación. Queren chegar aos dous mil atletas na liña de saída da praza do Obradoiro.

mércores, 28 de decembro de 2016

MÁIS DE 700 PARTICIPANTES COMPETIRÁN NA SAN SILVESTRE DE FENE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Fene despedirá o ano cunha San Silvestre. Para correr nesta proba inscribíronse xa máis de 700 persoas.

martes, 27 de decembro de 2016

SAN SILVESTRE COMPOSTELANA' 16

Horarios de entrega de dorsais carreira San Silvestre de Santiago.

domingo, 25 de decembro de 2016

BOAS FESTAS

Dende a Federación Galega de Atletismo queremos desexarlles un Bo Nadal e un Próspero Ano Novo, cargado de éxitos deportivos.

Ilustración de Dani Padrón