mércores, 1 de maio de 2019

MÁIS DE 370 INSCRITOS NA CARREIRA DE MOAÑA (Fonte: www.farodevigo.es)

Máis de 370 persoas xa se inscribiron para tomar parte na décimo sexta edición da Carreira Pedestre  Concello de Moaña, que organiza o Club de Atletismo  Samertolaméu e que se disputará o vindeiro domingo. 

martes, 30 de abril de 2019

O PASADO MÉRCORES PRESENTOUSE NO CONCELLO DE BETANZOS A XVII MEDIA MARATÓN VOLTA Á RÍA DE BETANZOS

A alcaldesa de Betanzos María  Barral, o  Concelleiro de Deportes  Andrés Hermida e  a internacional Paula  Mayobre madriña da proba con directivos do Club ” As  vellas  non paramos” presentaban o pasado mércores a Volta  á Ría de Betanzos. 

domingo, 28 de abril de 2019

NUNO COSTA E PAULA MAYOBRE GAÑAN A CARREIRA PEDESTRE DE OROSO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Nuno Costa e Paula  Mayobre foron os vencedores na categoría absoluta da sétima edición da carreira pedestre de Oroso, que se celebrou cun gran éxito de participación e asistencia de público.

mércores, 24 de abril de 2019

A NOVENA EDICIÓN DO CIRCUÍTO "CORRENDO POR OURENSE" ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓNS (Fonte: www.deportesourense.com)

O Consello Municipal de Deportes abriu o prazo para inscribirse no circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, que acada a súa novena edición cun calendario de seis probas que comezan no mes de maio, coas citas do Vinteún (día 5) e do Couto (día 25). 

martes, 23 de abril de 2019

AMADOR PENA E TERESA CASTRO ESTREAN O PALMARÉS DA CLÁSICA GANDEIRA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A primeira edición da carreira Nestlé Clásica Gandeira de Santa Comba coroou a Amador Pena, do Atletismo O Pino, e á mundialista Teresa Castro, do Noia. 

mércores, 17 de abril de 2019

A PRIMEIRA CARREIRA PEDESTRE DE SANTA COMBA CLÉBRASE O DOMINGO CON 10 QUILÓMETROS PARA OS ADULTOS. (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Santa Comba prepara a primeira edición da súa carreira pedestre, coa gandería como aposta de visibilidade, pois desde o Concello se pretende unir o deporte do atletismo popular co sector que é o auténtico motor económico da Terra do Xallas, a gandería de produción láctea.

martes, 16 de abril de 2019

O CONCELLO DE COSPEITO ORGANIZA O 5 DE MAIO UNHA CARREIRA POPULAR (Fonte: www.elprogreso.es)

A I Carreira Popular de Cospeito, organizada polo  Concello coa colaboración da FGA, da Xunta de Galicia e de varios patrocinadores -SD  Muimenta, CF Cospeito,  BTT  Lagoa de Cospeito,  Game  Sport, Panadería Rozas,  Facenda  Farruquiño, Autocares  Darriba e Autocares Suso Vigo-, celebrarase o 5 de maio.

luns, 15 de abril de 2019

OS KENIANOS NON DERON OPCIÓN NA MARATÓN (Fonte: www.dxtcampeon.com)

Non houbo sorpresas na Maratón Atlántica Coruña42, na que os representantes kenyanos foron os grandes dominadores, e os únicos capaces de baixar das dúas horas e vinte minutos. 

luns, 15 de abril de 2019

PKEMOI E FIGUEROA, VENCEDORES (Fonte: www.laopinioncoruna.es)

Dominic  Pkemoi e Rosario Figueroa proclamáronse vencedores do Maratón Atlántica Coruña42, que se celebrou onte coa  participción de preto dun milleiro de participantes, unha cifra inferior á prevista. 

domingo, 14 de abril de 2019

MIGUEL PENEDO E ROSARIO FIGUEROA, CAMPIÓNS GALEGOS DE MARATÓN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Rosario Figueroa e Miguel Penedo proclamáronse onte campións galegos de maratón, mentres que o kenyano  Dominic  Pkemoi foi o primeiro en cruzar a meta na carreira Coruña42, que ademais albergou unha popular 10 K que levaron Simón González e Mónica Celeiro