martes, 2 de outubro de 2018

MÁIS DE CATRO MIL PERSOAS, O DOMINGO EN CORUÑA 10 (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A carreira Coruña 10, a raíña das populares na comarca, reunirá este domingo a máis de catro mil persoas.

luns, 1 de outubro de 2018

O CONCELLEIRO JOSÉ MANUEL SANDE REIVINDICA A CIDADE (Fonte: www.coruna.gal)

O Paseo Marítimo acollerá, o vindeiro domingo 7, a XII edición da Carreira Popular Coruña10. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a proba, que percorrerá a enseada do Orzán desde as 10.30 horas, e na que participarán 4.183 atletas.

venres, 28 de setembro de 2018

O DOMINGO FINALIZA O PRAZO EXTRAORDINARIO DE ISNCRICIÓN DA XII CARREIRA POPULAR CORUÑA 10 (Fonte: www.coruna.gal)

A inscrición en liña estará operativa ata as 23:59 horas do 30 de setembro de 2018, na web www.carreirasgalegas.com. Recordarmos a todos que non se admitirán inscricións fora de prazo, nin incompletas.

xoves, 27 de setembro de 2018

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN DA II CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS TRAS-RIL-SAN

A Asociación Tras-Ril-San organizará a II Carreira e Andaina Solidarias Tras-Ril-San, que tera lugar o domingo 30 de setembro en Santiago de Compostela.

mércores, 26 de setembro de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN NA CLÁSICA DE NEGREIRA, QUE CUMPRE 39 ANOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Carreira de Negreira, popularmente coñecida como A Clásica, alcanza o domingo 11 de novembro o seu trixésimo novena edición.

martes, 25 de setembro de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CROS CASTRO SAN MIGUEL (Fonte: www.farodevigo.es)

A Agrupación Deportiva Castro-San Miguel, organiza, co patrocinio do Grupo Educativo Castro-San Miguel, a 23º edición do Cros Escolar A.D. Castro-San Miguel, que terá lugar o domingo, 28 de outubro, ás 10.00 da mañá no Parque de  Castrelos.

luns, 24 de setembro de 2018

CAIXÓNS DE SAÍDA DA XII CARREIRA POPULAR C10 2018

A saída organizarase por caixóns, de acordo con os tempos de cada unha das persoas participantes.


luns, 24 de setembro de 2018

SAUMEL VEIGA E TERESA CARNEIRO GAÑAN A CLÁSICA DE ARZÚA TOLDOS GÓMEZ (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Clásica de Arzúa Toldos Gómez reuniu a preto de trescentos participantes na súa segunda edición, nunha mañá de tempo seco e asollado na que se impuxeron con autoridade Samuel Veiga  e Teresa Carneiro.

sábado, 15 de setembro de 2018

O CORRESAN ARRINCA CON CASE MIL INSCRITOS NA PROBA NOCTURNA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A sétima edición do circuíto de carreiras saudables  CorreSan, que consta de catro citas, poñerase en marcha esta noite coa proba nocturna  Cidade  Vella con case mil atletas inscritos.

xoves, 13 de setembro de 2018

A MILLA DO BARCO CON INSCRICIÓN GRATUÍTA (Fonte: www.farodevigo.es)

A Milla Urbana do Barco é unha das citas deportivas máis populares da provincia de Ourense. Chegan os atletas máis importantes e sempre é seguida por centos de afeccionados.