xoves, 23 de agosto de 2018
Foi hai dous anos cando Moncho Ríos, da Agrupación Deportiva Media Ducia de Carballo, propuxo á comisión de festas do barrio da Milagrosa incluír na programación unha carreira de obstáculos a primeira na Costa da Morte. Pero, finalmente, foi a Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Profesionais a que recibiu cos brazos abertos a iniciativa ata crear, en colaboración co Concello, o primeiro Desafío Millagrosa.