venres, 1 de xuño de 2018

A NOCTURNA INCORPORA TROFEOS PARA OS PRIMEIROS LOCAIS EN CRUZAR A META (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Nocturna Estradense, a primeira das carreiras do circuíto Corre A Estrada Corre , celebrará a súa sétima edición o venres 22 de xuño con algunhas novidades. 

venres, 1 de xuño de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA A SÉTIMA NOCTURNA ESTRADENSE (Fonte: www.farodevigo.es)

Outra das novidades afecta os premios, xa que este ano levarán trofeo os tres primeiros e as tres primeiras estradenses en cruzar a liña de meta.

luns, 28 de maio de 2018

VITORIA SOLVENTE DE ANTONIO SERRAT NA UNDÉCIMA PEDESTRE DE CAMPAÑÓ (Fonte: www.farodevigo.es)

21 segundos. Ese foi o tempo que lle sobrou a Antonio  Serrat para proclamarse gañador da  XI edición da Carreira Pedestre de  Campañó que a parroquia pontevedresa acolleu este fin de semana.

domingo, 27 de maio de 2018

AMADOR PENA GAÑA A CARREIRA POPULAR WE ARE READY USC (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Amador Pena, do Pino, foi o gañador da carreira popular We Are Ready Universidade de Santiago de Compostela ao completar os dez quilómetros do percorrido nun tempo de 35 minutos e 39 segundos.

sábado, 26 de maio de 2018

A MEDIA MARATÓN DE RIBEIRA ARRINCARÁ NO PORTO DE AGUIÑO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A segunda edición da Media Maratón Ribeira21 arrincará o vindeiro domingo 3 de xuño desde o peirao de Aguiño. A cita, que tamén acollerá os Campionatos de Galicia absoluto, júnior, promesa e veterano, foi presentada esta mañá na casa consistorial da capital barbancesa. 

sábado, 26 de maio de 2018

A NOCTURNA, HOXE NO COUTO (Fonte: www.farodevigo.es)

O barrio do Couto acolle hoxe a segunda proba do " Correndo por Ourense", correspondente ao circuíto de carreiras populares organizado polo  Consello Municipal de Deportes en colaboración co colexio Divino Mestre, o club  Esprintes Ourense, a Delegación Ourensá de Atletismo, o Club Ourense Atletismo, o Club  Aurum e a Asociación de Veciños  Carlasca. 


martes, 22 de maio de 2018

ÚLTIMA HORA: IX CARREIRA PEDESTRE DE CAMPAÑÓ

Este sábado 26 de maio celébrase a undécima edición da Carreira Pedestre de Campañó. Dende as 17:40h os nenos serán os protagonistas con circuitos acordes a súa idade. A partir das 18:45h dará comezo a proba absoluta onde os participantes deberán completar 8.700m. Como novidade, nesta edición haberá unha competición de relevos por equipos formados por 3 corredores

domingo, 20 de maio de 2018

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A SÉTIMA CARREIRA POLA RÍA DO BURGO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O paseo marítimo do Burgo será escenario o próximo 10 de xuño da sétima edición da Carreira  pola Ría  do Burgo, organizada polo  Concello de Culleredo. O paseo marítimo do Burgo será escenario o próximo 10 de xuño da sétima edición da Carreira  pola Ría  do Burgo, organizada polo  Concello de Culleredo.

domingo, 20 de maio de 2018

A FGA LANZA A CAMPAÑA "FEDÉRATE CON NÓS"

A Federación Galega de Atletismo ven de lanzar a campaña “Fedérate con Nós” cuxa finalidade e a de dar a coñecer ó amplo colectivo atlético popular e a toda a sociedade da importancia e das enormes vantaxes que conleva o estar en posesión dunha licenza atlética.

mércores, 16 de maio de 2018

DANIEL PAZ VENCE NO TRAIL A POBRA - SERRA DO BARBANZA (Fonte: www.farodevigo.es)

O equipo La  Gramola  GTR conseguiu subir todo o máis alto do podio do  Trail Galaica A Pobra-Serra  do Barbanza de 24,49 quilómetros de lonxitude, que tivo lugar o pasado domingo.