mércores, 7 de maio de 2014

A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN CONVIDA A CIDADANÍA A PARTICIPAR NA I CARREIRA DAS LETRAS. (Fonte: http://www.edu.xunta.es/)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, colabora coa primeira edición da Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e deportiva que se celebrará o domingo 18 de maio ás 10:30 horas na capital de Galicia.

luns, 5 de maio de 2014

SUPERADAS AS ESPECTTIVAS DA III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE VIMIANZO. (Fonte:http://www.vimianzo.es/novas)

A mañá do domingo espertaba solleira e a temperatura máis propia da época estival anunciaba unha dura proba para os atletas que desde ben antes das 9 da mañá comezaban a chegar ao Val de Vimianzo. O ambiente deportivo comezaba a respirarse polas rúas da capital municipal, mentres os voluntarios e voluntarias recibían as instrucións precisas para a xornada deportiva.

domingo, 4 de maio de 2014

APROBADO O REGULAMENTO ELECTORAL POR PARTE DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA F.G.A.

O pasado sábado 3 de maio, tal e como estaba previsto, celebrouse na Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia (Santiago de Compostela) a Asemblea Xeral Extraordinaria na que se aprobou o Regulamento Electoral.

domingo, 4 de maio de 2014

LOLO PENAS E ESTER NAVARRETE VENCEDORES NA XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO

Disputada la décimo primera edición de la carrera pedestre popular del Concello de O Pino, el atleta internacional arzuano del New Balance Team, Lolo Penas, vuelve a escribir su nombre en el palmarés de una prueba que contó con más de 750 participantes, batiendo un récord de participación destacable para la localidad de Arca-O Pedrouzo, lugar de disputa de la carrera. En féminas la victoria por segundo año consecutivo, fué para la atleta también internacional ester Navarrete, lo cual demuestra el gran nivel atlético de la presente edición.

mércores, 30 de abril de 2014

A I CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS CELEBRARASE EN SANTIAGO O 18 DE MAIO (Fonte: http://www.elcorreogallego.es/)

Serán 8 quilómetros de percorrido entre Lavacolla e o Monte do Gozo para os maiores. Os máis pequenos participarán nun circuíto con diferentes distancias.

mércores, 30 de abril de 2014

ÚLTIMA HORA: XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO

Ampliación do prazo de inscrición da XI Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino ata as 22:00 do xoves 1 de Maio.

martes, 29 de abril de 2014

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES. DEPUTACIÓN DA CORUÑA. (Fonte: http://www.dicoruna.es/)

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá a segunda edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares que este ano chegará a 18 probas, fronte á decena do pasado ano. Comezarán este domingo 4 de maio no Pino e rematarán o 9 de novembro en Negreira, coa proba máis lonxeva da provincia, que este ano cumpre a súa XXXV edición.

domingo, 27 de abril de 2014

MARATÓN CORUÑA 42: Rafael Iglesias e Sonia Teijeiro vencedores (Fonte: Elena González Fernández)

A cidade da Coruña volvía vivir unha mañá de atletismo coa celebración da terceira edición do Maratón Coruña 42 que a súa vez era Campionato Galego Absoluto e Veterano. O bo sabor de boca deixado o ano pasado aumentou as expectativas a nivel popular o que supuxo nesta ocasión que 3000 atletas se inscribiran nas dúas carreiras que se celebrarían os 42.195 metros do maratón e os 10 km da carreira popular.

xoves, 24 de abril de 2014

LISTA DE PARTICIPANTES CON DORSAL EN CORUÑA 42 E 10KM

Aquí podes ver o listado de inscritos por dorsal para a carreira de C42 e 10 Km

mércores, 23 de abril de 2014

ÚLTIMA HORA: II CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO

Ampliación do prazo de inscrición para a II CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO ata as 14:00 de mañá 24 de Abril.