mércores, 23 de abril de 2014

I CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS. O HUMORISTA ROBERTO VILAR DARÁ O DISPARO DE SAÍDA

A primeira edición da Carreira Camiño das Letras, que se celebrará o vindeiro 18 de maio en Santiago de Compostela, contará cun padriño de excepción, o coñecido actor e presentador Roberto Vilar, que será o encargado de dar o disparo de saída na categoría absoluta e nas dos menores, ademais de facer entrega dalgúns dos premios.

martes, 22 de abril de 2014

LA CARRERA 10 KM CIDADE UNIVERSITARIA CALIENTA MOTORES (Fonte: www.farodevigo.es)

La Universidad de Vigo destinará un euro de cada inscripción en la carrera 10km Cidade Universitaria al proyecto solidario 'Gotas para Níger', para la potabilización de agua en esta región de África, según han explicado los responsables de este evento deportivo.

martes, 22 de abril de 2014

O CONCELLO DE O PINO ABRE O CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA O VINDEIRO DOMINGO 4 DE MAIO

A décimo primeira edición da carreira pedestre popular do Concello de O Pino que se celebrará o domingo 4 de maio na localidade de Arca-O Pedrouzo, abrirá o II Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. A proba pinense cun palmarés destacable, conta con gañadores da categoría de Lolo Penas (gañador de 7 edicións), Alejandro Fernández, Hassan Lekhili, Robertas Geralavicius, Rocío Rodríguez, María Abel, María Jesús Gestido, Marisa Barros ou Dorotea Peixoto.

luns, 21 de abril de 2014

MARATÓN C42 ZONA DEL ATLETA (Fonte: www.coruna.es/carreras populares)

Entre el despliegue de medios que ofrecerá el evento, destacamos los ofrecidos al corredor como apoyo para superar el gran reto de la Maratón Atlántica. Los corredores de Coruña42 tendrán a su disposición una gran cantidad de servicios y facilidades en esta tercera edición de la Maratón Atlántica. Todos estos apoyos para superar con éxito la prueba, comenzarán en el momento en el que el runner recoja su dorsal.

domingo, 20 de abril de 2014

UXIO ABUIN E RAQUEL LANDÍN, VENCEDORES EN PADRÓN

Na localidade de Padrón disputouse a XXXV Edición da Carreira Popular de Pascua, resultadando vencedores Uxio Abuin do Atletismo Sar e Raquel Landin do Pielagos.

venres, 18 de abril de 2014

TODO PREPARADO EN OROSO PARA SABORERAR A II CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO

Todo preparado para a segunda edición da Carreira Pedestre Concello de Oroso, despois do grande exito e acollemento da primeira edición celebrada o ano pasado con case 800 participantes, o Concello de Oroso prepárase este ano para superar este número.

domingo, 13 de abril de 2014

PAULA MAYOBRE E DANIEL BARGIELA BAUTIZAN A MEDIASAN DO CAMIÑO

A MediaSan do Camiño estreouse con éxito nun domingo de Ramos onde a simbiosis entre os Concellos de O Pino, Santiago e a Federación Galega de Atletismo deron como resultado una primeira edición chea de emocións e éxito en termos de participación. O protagonismo acapararono os atletas do BIKILA Paula Mayobre e Daniel Bargiela, vencedores absolutos, os cales marcaron o palmarés da proba no día do seu nacemento.

sábado, 12 de abril de 2014

REUNIÓN FRUCTÍFERA EN MADRID DA COMISIÓN DE FEDERACIÓNS DEPORTIVAS AUTONÓMICAS

Este venres, 11 de abril, reuníronse en Madrid os membros da Comisión de Federacións Deportivas Autonómicas (COFEDEA), para analizar os últimos acontecementos en relación á modificación do artigo 32.4 da Lei 10/1990 Nacional do Deporte. A COFEDEA xorde como consecuencia do rexeitamento que produce no deporte autonómico o texto do anteproyecto aprobado polo Consello de Ministros sobre a implantación da Licenza Deportiva Única. 

luns, 7 de abril de 2014

CORRE CON IMPLICADAS NA III Carreira Solidaria en Oleiros. (Fonte: www.noticieirogalego.com)

Implicadas no Desenvolvemento organiza, por terceiro ano consecutivo, o sábado 12 de abril ás 16.30 horas a III Carreira Solidaria en Oleiros. Nesta colabora coa Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación na Coruña, o Concello de Oleiros e a Universidade da Coruña.

domingo, 6 de abril de 2014

AELEMAYEHU BEZABEH E PAULA GONZÁLEZ CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE 10km EN RUTA.

Ultima Hora: Os atletas Aelemayehu Bezabeh (Atletismo Bikila) e Paula González (CDE Gonzalez Berodia), proclamáronse campións de España de 10km en ruta na localidade coruñesa de Padrón.