mércores, 19 de marzo de 2014

FRANCISCO MOURELO PRESENTA LA III Maratón Atlántica Coruña 42 (Fonte: www.coruna.es/carreraspopulares)

La carrera, que llega a la ciudad el próximo 27 de abril y cuyo plazo de inscripción finaliza el día 20, pretende alcanzar este año los 1.500 corredores, un 33% más que en 2013. Entre los objetivos de esta edición destacan el interés en incrementar el número de participantes de otras comunidades autónomas y Portugal, así como la participación femenina. Este año, como novedad, los corredores populares participantes tendrán la oportunidad de compartir un entrenamiento previo con los atletas gallegos más consagrados

martes, 18 de marzo de 2014

¡FANTÁSTICA XORNADA ATLÉTICA A VIVIDA NA XXIV EDICIÓN DA CARREIRA DE SAN XOSÉ!

Às 17h deuse a saída às carreiras de menores onde os máis pequenos deron as súas zancadas na fermosa carballeira de Santa Rita (parque de A Fraga)

martes, 11 de marzo de 2014

XXIV EDICIÓN DA CARREIRA DE SAN XOSÉ

Este sábado, día 15 de Marzo, celébrase en As Pontes en xornada de tarde a XXIV edición da Carreira de San Xosé, que ten no seu palmarés importantes atletas como Lolo Penas, Pedro Nimo, Jesús de la Fuente, Rocío Rodríguez, María Jesús Gestido, Paula Mayobre. Contará con importantes premios económicos.

martes, 4 de marzo de 2014

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DA MEDIA MARATÓN POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

O 13 de abril terá lugar a celebración da I Medio Maratón que transitará pola derradeira etapa do camiño de Santiago que ven desde Roncesvalles e que unirá as localidades de Arca e Santiago de Compostela. 

domingo, 23 de febreiro de 2014

ALESSANDRA AGUIAR E AYAD LAMDASSEM VENCEDORES DA CORUÑA21

A cidade herculina volveu acoller unha proba de gran calidade con rexistros importantes o que demostra que é un bo circuíto e onde unha vez máis o público e afeccionados puideron gozar dun Campionato de España en ruta cos mellores atletas do panorama nacional acompañados de numerosos atletas populares.

sábado, 22 de febreiro de 2014

A FEDERACIÓN GALEGA INFORMA

O paso dos 10 Km será tamén MARCA OFICIAL HOMOLOGADA, válida para ranking de 10 Km en Ruta, sempre e cando os corredores rematen a distancia completa de Medio Maratón.

luns, 17 de febreiro de 2014

"CORUÑA 21, LA MITAD MOLA MÁS POR LOS SERVICIOS" (Fonte: www.coruna.es/carreraspopulares)

A sexta edición de Coruña21 ofrecerá unha serie de facilidades a todos os participantes para garantir a máxima satisfacción dos runners antes, durante e despois da competición, que se disputará o próximo 23 de febreiro.

martes, 11 de febreiro de 2014

APRAZADA A IIIª CARREIRA POR PARELLAS “O BARCONAMORA”

A organización "O Barco Centro Comercial Aberto" e a Delegación Valdeorresa de Atletismo"informa: que a IIIª Carreira por Parellas "O Barconamora" que ía ter lugar o próximo domingo 16 de Febreiro, decide aprazar a proba para o día 23 de Marzo.

martes, 11 de febreiro de 2014

APRAZADA A IV CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES

A terceira proba do Circuito Coruña Corre, prevista para o sábado 1 de febreiro e aprazada polo temporal, disputasrase o próximo 29 de marzo. Habilitarase un novo prazo de inscrición que finalizará o martes 25 de marzo.

martes, 11 de febreiro de 2014

INSCRICIÓN PRESENCIAL EN A CORUÑA 21 (Fonte: www.coruna.es/carreraspopulares)

Todos os atletas que queiran acudir á Media Maratón que se disputará o próximo domingo 23 de febreiro poderán anotarse dende este martes nos centros situados en Ramón e Cajal e Estrada de Baños de Arteixo, xunto aos do resto de Galicia.