domingo, 3 de decembro de 2017

RUBÉN DIZ E ANA MARÍA OCAMPO SAEN AIROSOS DO GUILLELME BROWN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O clásico de campo a través do  Guillelme  Brown volveu dar onte un espectáculo en todas as súas categorías, nun pelotón encabezado na súa categoría absoluta por Rubén Diz (Ourense Atletismo), que segue dando mostras do seu excelente estado de forma. 

domingo, 3 de decembro de 2017

OCAMPO E DIZ LEVAN O GUILLELME BROWN (Fonte: www.farodevigo.es)

Nunha mañá de intenso frío, o fondista do Club Ourense Atletismo Rubén Diz Díaz proclamouse onte vencedor da carreira masculina na súa categoría absoluta.

venres, 1 de decembro de 2017

825 DEPORTISTAS TOMARÁN A SAÍDA ESTE DOMINGO NA XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS - VOLATA Á RÍA (Fonte: www.galiciaartabradigital.com)

A Casa do Concello de Fene acolleu esta mañá a rolda de prensa de presentación do XXXII Memorial Adolfo Ros, un clásico do atletismo que discorrerá este domingo sobre unha distancia próxima aos 21 quilómetros seguindo os principais eixos de comunicación de Fene, Ferrol, Narón e Neda.

mércores, 29 de novembro de 2017

MÁIS DE 600 INSCRITOS PARA O MEMORIAL ADOLFO ROS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Máis de 600 persoas formalizaron a súa inscrición para tomar parte na trixésimo segunda edición do Memorial Adolfo Ros, Volta á Ría, que se disputará o domingo polas estradas da ría ferrolá.

mércores, 29 de novembro de 2017

TODO PREPARADO PARA A CORRESAN PONTE MANTIBLE - VITE (Fonte: www.corresan.com)

O vindeiro sábado pecharase o circuito CorreSan 2017 coa celebración da proba de Vite. Infórmate aquí de todo.

luns, 27 de novembro de 2017

A PINGA PINGA VENCE Á POLÉMICA (Fonte: www.diariodepontevedra.es)

A  Pinga  Pinga superou á polémica. Un ano máis, a carreira marinense, unha das máis populares e coñecidas da zona, volveu ser un verdadeiro éxito a pesar de non celebrarse na súa data habitual

domingo, 26 de novembro de 2017

A I CARREIRA POPULAR CAMPUS TERRA DA USC CITA EN LUGO UNS 325 PARTICIPANTES (Fonte: www.elcorreogallego.es)

Os atletas lugueses Carlos Villamor Castiñeira e Ana Belén González Margaride proclamáronse campións absolutos na modalidade masculina e feminina, respectivamente da I Carreira Popular Campus Terra da USC

domingo, 26 de novembro de 2017

MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS PARTICIPARON NA PRIMEIRA CARREIRA “O MURO” CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA (Fonte: www.diariodeferrol.com)

Máis de medio milleiro de persoas –565 inscritos e 505 corredores– animáronse onte a participar na primeira edición da carreira social e solidaria, “O Muro”, na que, baixo o lema “ Non  é  non” pretendíase e conseguiuse poñer o acento na loita contra esta secuela social.

mércores, 22 de novembro de 2017

JESÚS CASTRO: "CANDO UN É UNIVERSITARIO HAI UN RELAXO SOCIAL CON CERTOS CONSUMOS" (Fonte: www.elprogreso.es)

O entorno da universidade vivirá o vindeiro domingo a I Carreira Popular Campus Terra, unha proba que nace co obxectivo de consolidarse no calendario atlético da provincia.

martes, 21 de novembro de 2017

VIII CARREIRA PINGA PINGA

Novidades deste ano na VIII  Edicion da Carreira  Pinga  Pinga e II  ANDAINA.