Joselyn Brea defenderá mañá o seu trono na 40.ª Carreira Pedestre de Santiago, un posto que se gañou nas dúas últimas edicións e que este domingo tentará referendar, aínda chegando entre algodóns, afectada dunha fascitis plantar.
A edición número 38 da Carreira Popular de Negreira, que se celebrará o 12 de novembro, presentará varias novidades, cun circuíto por primeira vez homologado pola RFEA.
Con toda a dor do corazón, a organización da 40.ª Carreira Pedestre Popular de Santiago, que organiza o Grupo Correo Galego, tivo que rexeitar onte o intento de inscribirse que realizaron numerosas persoas.
Superada a polémica pola cesión do campo de fútbol de Santo Tomei de Piñeiro, que provocou a súa suspensión, o CD Pinarium ultima os detalles da VIII carreira popular Pinga Pinga.
Na pasada edición da media marathon de Valencia desenvolta o pasado dia 22 de Outubro, a atleta do Clube Universidade de Santiago Esther Pedrosa Carrete da categoría veterán W-55 establecería un novo récord de España da súa categoría.
A atleta tudense Leticia Fernández e o atleta avilesino Manuel Guerreiro inscribiron o seu nome no historial de vencedores do Medio Maratón de Pontevedra CaixaBank que onte cumpriu a súa vixésimosegunda edición.
Rubén Diz e Iria Fernández Fontenla cumpriron vos prognósticos tamén na Carballeira, a última dás seis carreiras do circuíto Correndo por Ourense.
Presentada esta mañá a carreira Vigo +11 na que ademáis dás autoridades presentes estiveron Soledad Castro e Gonzalo Basconcelo.
A Carballeira acolle o vindeiro domingo 22 de outubro a última proba da sétima edición de Correndo por Ourense.
A cita alcanza a súa segunda edición co lema "Empresas saudables" e celébrase o vindeiro sábado 21 de outubro no polígono industrial bergondés da man de ASEB, a FGA e o Club Atletismo Riazor Coruña. A AEEC de Bergondo colabora na Andaina Solidaria que se suma a esta acción a favor da saúde no traballo.