domingo, 14 de maio de 2017

ABDELKADER E ÓSCAR OS MELLORES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Abdelkader Bougueroudj e Óscar Fernández foron os vencedores da terceira edición da carreira solidaria e nocturna De Dous en Dous de Carballo, cunha marca de participación, con 458 atletas, e coa mellor marca, 18 minutos e 26 segundos.

domingo, 14 de maio de 2017

MÁIS DE 400 DEPORTISTAS ESTARÁN NA CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Carreira Camiño dás Letras partirá hoxe do Pico Sacro e chegará ao Gaiás. A proba, «unha idea moi orixinal», como sinala Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo.

mércores, 10 de maio de 2017

ÚLTIMA HORA: IV CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS

Todos os participantes que se anotaran na Carreira das Letras, ou en algunha otra carreira na plataforma de emesports, o día 9 de maio entre as 00:30 e as 18:30, deberán comprobar que aparecen no listado de inscritos da carreira na que se anotaron.

martes, 9 de maio de 2017

SEÑARÍS E RÍO TENTARÁN REPETIR TRIUNFO NA PROBA DE DOUS EN DOUS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A parella formada polos carballeses José Antonio Señarís e José Río tentarán repetir o triunfo da pasada edición na Carreira Nocturna Solidaria de 2 en Dous que terá lugar o vindeiro sábado en Carballo.

martes, 9 de maio de 2017

ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRICIÓN PARA A IV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES.

O Concello de Frades celebra a súa IV CArreira Pedestre Popular o sábado 13 de maio na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes - Ponte Carreira DP-3802)

luns, 8 de maio de 2017

GAÑARON JUAN BUENO E PENÉLOPE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Juan Bueno Losada, de Macotera-Salamanca, e Penélope Martínez Xusto, de Arteixo, foron os vencedores absolutos da primeira edición da Carreira Popular Concello de Coristanco. 

luns, 8 de maio de 2017

EVA DE LA FUENTE E ALBERTO CAROU, CAMPIÓNS GALEGOS DE TRAIL

Desenvolveríase hoxe na Pobra do Caramiñal o III Campionato de Galicia de Trail baixo un fantástico ambente de deportividade, compañerismo e respeto pola natureza 

domingo, 7 de maio de 2017

MÁIS DE 200 ATLETAS NA CITA DE CORISTANCO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Hoxe, ás 10.00 horas, arrinca no colexio Xosé Pichel a Carreira Popular Concello de Coristanco.

domingo, 7 de maio de 2017

CARREIRA CANINA PARA PROMOVER A INTEGRACIÓN CÍVICA DOS CANS (Fonte: ww.lavozdegalicia.es)

Promover a integración cívica dos cans na sociedade, axudar ás protectoras de animais, concienciar sobre a prioridade da adopción e insistir na necesidade de implantar microchip son os grandes obxectivos que se marca esta segunda edición do Correcan.

domingo, 7 de maio de 2017

VICTORIA PARA RUBÉN DIZ E ESTNER NAVARRETE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Rubén Diz Díaz, da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, e Ester Navarrete Santana, do Adas Proinor, foron os gañadores da terceira edición da carreira nocturna SantYaGo10K que se celebrou na capital galega.