venres, 18 de marzo de 2016

PRESENTACIÓN DO V MARATÓN CORUÑA 42

Conta atrás para o V Maratón Coruña 42, coa vista posta nos 42.195m presentamos oficialmente  o percorrido da carreira, con saída no Cantón Grande e entrada maxistral na Praza Consistorial de María Pita.

venres, 18 de marzo de 2016

CORUÑA 42 PRESENTA O PERCORRIDO DESTA EDICIÓN, DE TRES VOLTAS Á BEIRA DO MAR QUE FINALIZARÁ NA PRAZA DE MARÍA PITA (Fonte: www.coruna.es)

Un mes antes da súa celebración, o vindeiro 17 de abril, o Maratón Atlántica Coruña42 presenta o seu percorrido. A proba, organizada polo Servizo Municipal de Deportes coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos da distancia, e pertencerá ao calendario estatal da Real Federación Española de Atletismo.

venres, 18 de marzo de 2016

O CAMPIÓN DO MUNDO DE MARATÓN, ABEL ANTÓN, PARTICIPARÁ NA CARREIRA PARALELA DE 10 QUILÓMETROS (Fonte: www.coruna.es)

Á vez que o Maratón Coruña42, celebrarase unha carreira paralela popular de 10 quilómetros, que contará coa presencia do atleta olímpico Abel Antón, dobre Campión do Mundo en Maratón (Atenas 1997 e Sevilla 1999) e  Campión de Europa de 10.000 metros en Helsinki 1994.  

mércores, 16 de marzo de 2016

ÚLTIMAS HORAS PARA APUNTARSE NA CARREIRA DE SAN XOSÉ (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Este xoves termina o prazo para apuntarse na Carreira de San Xosé das Pontes, que se celebra este domingo día 20 de marzo. A recadación íntegra das cotas de inscrición vai á Asociación de Loita contra ou Cancro Infantil O Sorriso de Álex. 

mércores, 16 de marzo de 2016

«OS NENOS QUE PADECEN CANCRO SON UNS SUPERHEROES QUE MERECEN TODO» (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O diñeiro que se recade na carreira de San Xosé das Pontes destinarase a investigar a enfermidade.

martes, 15 de marzo de 2016

O MEMORIAL JOAQUÍN ROMERO, CO RETO DE CITAR A 500 ATLETAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Memorial Joaquín Romero de cros celebrarase o vindeiro sábado día 26 de marzo co obxectivo de reunir a uns 500 atletas na área recreativa das Cabazas. O evento pon en xogo tamén as probas pendentes da proba de campo a través do circuíto ferrolán que se suspendeu pola alerta laranxa o pasado mes de febreiro.

martes, 15 de marzo de 2016

ESTE VENRES TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN DO LIBRO

Este venres ás 19:00 horas terá lugar na tenda de Decathlon de Lugo a presentación do libro "Esbozos do deporte galego. Unha aproximación ao atletismo". 

luns, 14 de marzo de 2016

LUMINOSA CARREIRA EN CAMARIÑAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A primeira proba do circuíto Correndo pola Costa da Morte, a Carreira Popular Concello de Camariñas foi un éxito rotundo. Bateuse a marca de participación, con 527 atletas, e a saída foi máis luminosa que nunca, o faro Vilán.

luns, 14 de marzo de 2016

ALEJANDRO FERNÁNDEZ PROLONGA SU REINADO (Fonte: www.farodevigo.es)

El ourensano Alejandro Fernández mantiene su idilio con O Porriño. Ayer, en una cita que reunió a cerca de 2.000 participantes en el centro de la localidad porriñesa, el atleta del Adas Proinor sumó su cuarta victoria consecutiva.

domingo, 13 de marzo de 2016

CAMARIÑAS ABRE O TERCEIRO CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Camariñas abre hoxe o circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte, que constará de dez probas. Máis de 600 atletas están inscritos para participar esta mañá nas diferentes categorías que se desenvolverán en xornada matinal baixo a organización do Concello.